PREMIOS “INNOVACIÓN SOSTIBLE DA CÁTEDRA TELEFÓNICA-UVIGO” 2022
Plazo fin solicitudes
26/10/2022 |
Obxecto
O recoñecemento dos Traballos de fin de Máster (TFM) realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en las temáticas relacionadas con obxectivos de desenvolvemento sostible.
Se premiaran os traballos que presenten propostas de innovación que aborden melloras aos problemas da humanidade relacionados cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030: https://www.agenda2030.gob.es/objetivos/
Nº de premios: 5
Contía: 5 premios de 500€
Requisitos
- Ter superado o Traballo fin Máster (TFM) durante o curso 2019/2020 na Universidade de Vigo cunha cualificación igual a superior a 7 puntos.
- A temática do TfM debe estar relacionada con algún dos 17 obxectivos da Axenda 2030: para a comprobación do requisito deberá presentar xunto coa solicitude un informe do traballo de acordo coa descrición do punto 5.3 desta convocatoria
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de novembro.
Solicitude
A persoa solicitante deberá cubrir o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7803, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Premios Cátedra Telefónica-Uvigo”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.
Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que os/as solicitantes deberán observar en todo momento. https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.
Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes presentadas por outras vías
Documentación
As persoas solicitantes deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):
- Informe do traballo resaltando o obxectivo da Axenda 2030 relacionado co traballo, a súa innovación, posibilidade e viabilidade de seu desenvolvemento e repercusión social. O informe terá unha extensión máxima de 5 páxinas en formato pdf e terá as seguintes partes:
- Presentación (Titulo do traballo, Autor, Centro, ODS obxectivo),
- Resume do traballo,
- Propostas e desenvolvemento do traballo no contexto da Axenda 2030 e de acordo cos criterios do punto 6
- Conclusións
- Copia en formato pdf do Traballo Fin de Máster
Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.
Observacións
O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte á publicación da presente convocatoria e rematará o 26 de outubro de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española)
Taboleiro
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=29080139